Ver imaxes e vídeos
Seleccione
Menú
>
Fotos
.
Explorar imaxes
Esvare co dedo cara arriba ou cara abaixo.
Ver unha imaxe
Seleccione a imaxe.
Ampliar e reducir unha imaxe
Coloque dous dedos na pantalla e, para ampliar a imaxe, sepáreos. Para afastar unha
imaxe, xunte os dedos deslizándoos.
Consello: Para ampliar ou reducir rapidamente a imaxe, toque a pantalla dúas veces.
70 As súas imaxes e vídeos
Ver imaxes como unha presentación
Seleccione unha imaxe e
Opcións
>
Present. de diapositivas
>
Reproducir
. A
presentación de diapositivas iniciarase dende a imaxe seleccionada.
Pode ver todas as súas imaxes e vídeos ou as súas imaxes e vídeos agrupados por álbum
ou etiqueta.
Cambiar de vista
Seleccione e unha vista.
Reproducir un vídeo
Seleccione un vídeo. Os vídeos márcanse cun .
Tamén se lle poden enviar imaxes e vídeos dende un dispositivo compatible. Pode ver
unha imaxe ou vídeo recibido directamente en
Fotos
.