Conectar o dispositivo a un televisor mediante HDMI
Pode utilizar un adaptador HDMI compatible e un cable HDMI estándar (cable vendido
por separado) para conectar o dispositivo a un televisor ou sistema de cine en casa
compatible. As imaxes e os vídeos conservan a calidade do vídeo e o audio orixinal.
1 Conecte un adaptador HDMI ao conectador HDMI do seu dispositivo.
Adaptador HDMI
2 Conecte un cable HDMI ao adaptador e, a continuación, ao conectador HDMI dun
televisor. É posible que teña que seleccionar manualmente a entrada HDMI no
televisor.
3 Seleccione unha imaxe ou un vídeo para ver no televisor.