Conectar o dispositivo ao sistema de cine en casa
Pode utilizar o seu dispositivo con sistemas de cine en casa. Con sistemas de cine en
casa compatibles, é posible gozar de vídeos de alta definición con son Dolby™ Digital
Plus 5.1 multicanle para obter unha experiencia de son envolvente.
As súas imaxes e vídeos 73
1 Conectar un adaptador HDMI a un cable HDMI compatible (cable vendido por
separado).
2 Utilice o cable para conectar o dispositivo co sistema de cine en casa.
O sistema de cine en casa debe admitir o estándar HDMI 1.3 e poder pasar vídeo ao
televisor a través de HDMI. O dispositivo descodifica Dolby Digital Plus e envía son
PCM ao sistema de cine en casa.
3 Para configurar o sistema de cine en casa para que utilice a respectiva entrada de
HDMI, consulte as instrucións do usuario do seu sistema de cine en casa.
4 Reproducir un vídeo no seu dispositivo.
A resolución de vídeo máxima admitida é de 1280x720 (720p) e o seu dispositivo non
admite ficheiros de tamaño superior a 4 GB.
Exemplo: Un vídeo MP4 ou MKV que teña as seguintes propiedades:
•
Vídeo: AVC 1916 kbps, 24 fps, High Profile Level 3.1, 3 marcos ref.
•
Son: Dolby Digital Plus E-AC-3, 384 kbps, 6 canles