Consellos sobre imaxes e vídeos
Manteña premida a tecla da cámara.
Para tirar unha imaxe:
•
Utilice as dúas mans para evitar que a cámara se mova.
•
Cando amplíe unha imaxe, a calidade desta pode diminuír.
•
A cámara activa o modo de aforro de enerxía unha vez transcorrido
aproximadamente un minuto de inactividade. Para activar a cámara de novo, prema
brevemente a tecla da cámara.
•
Pode axustar unha escena definida polo usuario para que sexa a escena
predeterminada utilizada cada vez que abra a cámara. Seleccione
>
Modo
escena
>
Definida polo usuario
>
Editar
. Modifique os axustes e seleccione
Def.
modo escena predet.
>
Si
.
•
Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o flash. Non utilice o flash para
tomar imaxes de persoas ou animais situados a pouca distancia. Non cubra o flash
durante a toma de imaxes.
Para gravar vídeos HD de alta calidade:
•
Peche as aplicacións abertas antes de realizar a gravación.
•
Realice as gravacións na memoria masiva do dispositivo, se é posible.
•
Se desexa gravar nunha tarxeta de memoria microSD, utilice unha tarxeta de clase
4 (32 Mbit/s (4 MB/s)) ou superior dun fabricante coñecido.
Antes do primeiro uso, realice unha copia de seguridade dos datos importantes que
contén a tarxeta e utilice o dispositivo para formatar a tarxeta, aínda que xa se
formatase ou utilizase previamente nun dispositivo Nokia. O formatado provoca a
eliminación de todos os datos da tarxeta.
Se o rendemento da tarxeta de memoria se deteriora co tempo, realice unha copia
de seguridade dos datos importantes da tarxeta e utilice o dispositivo para
formatala.