Gardar información de localización nas súas imaxes e vídeos
Se ás veces non logra lembrar exactamente onde estaba cando tomou unha foto ou un
vídeo en particular, pode axustar o seu dispositivo para que grave automaticamente a
situación.
A información de localización pode achegarse a unha imaxe ou a un videoclip se as
coordenadas da localización se poden determinar a través da rede e do GPS. Se comparte
unha imaxe ou un videoclip que dispoña de información de localización achegada, esta
información poderá estar visible para outras persoas que visualicen a imaxe ou o
videoclip. Pode desactivar o xeoetiquetado nos axustes da cámara.
66 Cámara
Manteña premida a tecla da cámara.
Activar a función de gravación da localización
Seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Gardar info. localización
>
Si
.
Pode levar varios minutos obter as coordenadas da súa posición. A dispoñibilidade e
calidade dos sinais GPS poden verse afectadas pola súa posición, os edificios e os
obstáculos naturais ademais de polas condicións meteorolóxicas. Se comparte un
ficheiro que inclúe información da posición, tamén se comparte a información da
posición e a súa posición pode ser visible por terceiros que vexan o ficheiro. Esta función
require servizo de rede.
Indicadores de información de localización:
— A información de localización non está dispoñible. A información de localización
poida que non se garde en imaxes ou vídeos.
— A información de localización está dispoñible. A información de localización
gárdase en imaxes ou vídeos.