
Gravar un vídeo
Ademais de tomar imaxes co seu dispositivo, tamén pode capturar momentos especiais
en vídeo.
68 Cámara

Manteña premida a tecla da cámara.
1 Para cambiar do modo de imaxe ao modo de vídeo, se é necesario, seleccione .
2 Para comezar a gravar, prema a tecla da cámara. Amosarase unha icona de
gravación vermella.
3 Para facer unha pausa na gravación, seleccione
Pausa
. Se fai unha pausa na
gravación e non preme ningunha tecla antes de que transcorran cinco minutos, a
gravación deterase.
Para ampliar ou reducir unha imaxe, utilice as teclas de volume.
4 Para deter a gravación, prema a tecla da cámara. O vídeo gárdase automaticamente
en Fotos.
Pode gravar vídeos en alta definición. Se desexa gravar vídeos nunha tarxeta de
memoria, para obter o mellor rendemento posible, utilice unha tarxeta microSD rápida
e de alta calidade dun fabricante coñecido. Recoméndase utilizar unha tarxeta microSD
de clase 4 (32 Mbit/s (4 MB/s)) ou superior.
Consello: Pode enviar o seu vídeo nunha mensaxe multimedia. Para limitar o tamaño
do vídeo para os envíos, antes de iniciar a gravación, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Calidade de vídeo
e arrastre o control escorregadizo cara a
Básica
.