Códigos de acceso
Código PIN ou PIN2
(Entre 4 e 8 díxitos)
Estes códigos protexen a súa tarxeta SIM dun uso non autorizado
ou se precisan para acceder a algunhas funcións.
Pode axustar o seu dispositivo para que solicite o código PIN ao
acendelo.
Buscar máis axuda 123
Se os códigos non se fornecen coa tarxeta SIM ou os esquece,
póñase en contacto co seu provedor do servizo.
Se introduce o código incorrectamente tres veces seguidas,
precisará desbloquealo mediante o código PUK ou PUK2.
Código PUK ou PUK2
(8 díxitos)
Estes códigos requírense para desbloquear un código PIN ou
PIN2.
Se non se fornecen os códigos coa súa tarxeta SIM, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
Número IMEI
(15 díxitos)
Este número utilízase para identificar dispositivos válidos na
rede. O número tamén se pode utilizar para bloquear, por
exemplo, dispositivos roubados.
Para ver o seu número IMEI, marque *#06#.
Código de bloqueo
(código de
seguridade)
(mín. 4 díxitos ou
caracteres)
Este código protexe o seu dispositivo contra o uso non
autorizado.
Pode axustar o seu dispositivo para que solicite o código de
bloqueo que defina.
Garde o código nun lugar secreto e seguro lonxe do dispositivo.
Se esquece o código e o dispositivo se bloquea, requirirase
asistencia técnica. É posible que se apliquen tarifas adicionais e
que se eliminen todos os datos persoais do dispositivo.
Para obter máis información, póñase en contacto cun punto de
atención Nokia Care ou co distribuidor do dispositivo.