
Almacenar os seus ficheiros nunha unidade remota
Se desexa efectuar unha copia de seguridade dos seus datos ou aforrar espazo no seu
dispositivo, pode usar unha unidade remota para almacenar e xestionar os seus
ficheiros.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Unidades remotas
.
É posible recibir os axustes da unidade remota como unha mensaxe de configuración
do seu fornecedor de servizos. Abra a mensaxe e garde os axustes.
É posible que o servizo sexa de pago. Para obter máis información sobre a
dispoñibilidade e os posibles custos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
Conectar cunha unidade remota
Manteña seleccionada a unidade remota e, no menú emerxente, seleccione
Conectar
.
Engadir unha nova unidade remota
1 Seleccione
Opcións
>
Nova unidade
.
2 Introduza o nome da unidade remota.
3 Introduza o enderezo web da unidade remota, incluído o número de porto.
4 Para seleccionar o punto de acceso que desexa utilizar para conectarse coa unidade
remota, seleccione
Punto de acceso
>
Definida polo usuario
. Se selecciona
Preguntar se cómpre
, pídeselle o destino ou o punto de acceso cada vez que a
aplicación se conecta á rede.
114 Conectividade

5 Introduza o seu nome de usuario e contrasinal se o require o servizo da unidade
remota.
Modificar os axustes dunha unidade remota existente
Seleccione
Unidades remotas
e a unidade desexada.
Utilice a aplicación
Xestor de ficheiros
para acceder ás súas unidades remotas e
xestionar os ficheiros almacenados.