Nokia N8 00 - Acerca da conectividade Bluetooth

background image

Acerca da conectividade Bluetooth

Seleccione

Menú

>

Axustes

e

Conectividade

>

Bluetooth

.

Grazas á conectividade Bluetooth pode establecer unha conexión sen fíos a outros

dispositivos compatibles, como dispositivos móbiles, ordenadores, auriculares e kits de

vehículos.
Pode utilizar a conexión para enviar elementos dende o seu dispositivo, transferir

ficheiros dende o seu ordenador compatible e imprimir ficheiros cunha impresora

compatible.
Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth se comunican mediante

ondas de radio, non se teñen que atopar nunha liña visual directa. Non obstante, cómpre

que se atopen como máximo a 10 metros o un do outro, aínda que a conexión pode

sufrir interferencias debido a obstáculos como paredes ou a outros dispositivos

electrónicos.

108 Conectividade

background image

Cando o dispositivo se atopa bloqueado, só se poden establecer conexións con

dispositivos autorizados.