
Enviar unha imaxe ou outros contidos a outro dispositivo mediante Bluetooth
Pode utilizar o Bluetooth para enviar imaxes, vídeos, tarxetas de visita, entradas da
axenda e outros contidos aos dispositivos compatibles dos amigos e ao seu ordenador.
Conectividade 109

Pode ter varias conexións Bluetooth activas á vez. Por exemplo, se está conectado a uns
auriculares compatibles, tamén pode enviar ficheiros a outro dispositivo compatible ao
mesmo tempo.
1 Manteña seleccionado o elemento, por exemplo, unha imaxe. No menú emerxente,
seleccione
Enviar
>
Por Bluetooth
.
2 Seleccione o dispositivo ao que desexa conectarse. Se o dispositivo desexado non
se amosa, para buscalo, seleccione
Máis dispositivos
. Cando faga unha busca,
amosaranse os dispositivos Bluetooth que se atopen dentro do seu alcance.
3 Se o outro dispositivo necesita un código, introdúzao. O código, que pode definir
vostede mesmo, debe introducirse nos dous dispositivos. O código nalgúns
dispositivos é fixo. Para obter máis información, consulte a guía de usuario do
dispositivo.
O código só é válido para a conexión actual.
4 Se se conecta a un dispositivo frecuentemente, para axustalo como autorizado,
acepte a solicitude de autorización
Autorizar ao dispositivo para realizar
conexións automaticamente?
ao vincularse. Cando un dispositivo está
autorizado, non cómpre introducir o código cada vez.