Cambiar o modo USB
Para obter os mellores resultados cando copie contido ou sincronice o dispositivo cun
ordenador, active o modo USB apropiado cando utilice un cable de datos USB para
efectuar a conexión a diferentes dispositivos.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
USB
e unha das opcións seguintes:
Nokia Ovi Suite — Permite conectar o dispositivo a un ordenador compatible que
dispón de Nokia Ovi Suite instalado. Neste modo, pode sincronizar o seu dispositivo con
Ovi Suite e utilizar outras funcións de Ovi Suite.
Este modo actívase automaticamente ao abrir a aplicación Ovi Suite.
Almac. masiva — Permite conectar o seu dispositivo a un ordenador compatible
que non dispoña de Ovi Suite instalado. O seu dispositivo recoñecerase como unha
memoria flash USB. Tamén pode conectar o dispositivo a outros dispositivos, como a
un equipo estéreo doméstico ou de automóbil, ao que pode conectar unha unidade USB.
Ao conectarse a un ordenador neste modo, é posible que non poida utilizar algunhas
das aplicacións do dispositivo.
Non se pode acceder á tarxeta de memoria e á memoria masiva do seu dispositivo desde
outro dispositivo.
Transf. multim. — Permite conectar o seu dispositivo a un ordenador compatible
que non dispoña de Ovi Suite instalado. A música protexida mediante xestión de
dereitos dixitais (DRM) debe transferirse neste modo. Algúns sistemas de lecer e
impresoras domésticos tamén se poden utilizar neste modo.
Con. PC á rede — Permite conectar o dispositivo a un ordenador compatible e
utilizar o dispositivo como módem sen fíos. O ordenador conectarase á Internet
automaticamente.
Consello: Cando estea conectado o cable USB, pode cambiar ao modo USB na maioría
das vistas. Na esquina superior dereita, seleccione
.
112 Conectividade