
Conectar un dispositivo de almacenaxe masiva USB
Mediante o adaptador USB On-The-Go (OTG), pode conectar o seu dispositivo a chaves
de memoria USB ou discos duros compatibles. Por exemplo, pode gardar as súas imaxes
nunha tarxeta de memoria USB sen necesidade de conectarse a un PC.
Conectar unha chave de memoria
1 Conecte o extremo micro-USB do adaptador USB OTG ao porto USB do seu
dispositivo.
2 Conecte unha chave de memoria ao adaptador OTG USB.
A aplicación Xestor de ficheiros abrirase e a tarxeta de memoria amosarase como
dispositivo de memoria masiva.
Copiar ou mover un ficheiro
En Xestor de ficheiros, manteña seleccionado o ficheiro que desexe copiar ou mover e,
no menú emerxente, seleccione a opción desexada e a carpeta de destino.
Se conecta unha unidade de disco duro que requira máis enerxía da que pode fornecer
o seu dispositivo, amosarase unha mensaxe de erro. Precisará conectar unha fonte de
alimentación externa á unidade de disco duro.