Gardar un número dunha chamada ou mensaxe recibida
Recibiu unha chamada ou unha mensaxe dunha persoa cuxo número de teléfono aínda
non se atopa gardado na lista de contactos? Pode gardar facilmente o número nunha
entrada da lista de contactos nova ou existente.
Gardar un número dunha chamada recibida
1 Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Rexistro
.
2 Seleccione
Últimas chamadas
>
Chamadas recibidas
.
3 Manteña seleccionado un número de teléfono e, no menú emerxente, seleccione
Gardar en Contactos
.
4 Seleccione se desexa crear unha entrada nova na lista de contactos ou actualizar
unha existente.
Gardar un número dunha mensaxe recibida
1 Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
2 Seleccione
Caixa de entrada
e unha mensaxe.
3 Seleccione o número de teléfono e
Gardar en Contactos
.
4 Seleccione se desexa crear unha entrada nova na lista de contactos ou actualizar
unha existente.
50 Contactos