
Realizar unha copia de seguridade dos seus contactos en Ovi by Nokia
Se realiza unha copia de seguridade dos seus contactos en Ovi by Nokia, poderá copiar
facilmente os seus contactos nun novo dispositivo. Se lle rouban o seu dispositivo ou
se dana, aínda poderá acceder á súa lista de contactos en liña.
Seleccione
Menú
>
Contactos
e
Opcións
>
Sincronización Ovi
.
Se permite a sincronización automática, realizarase unha copia de seguridade
automaticamente de todos os cambios que faga na lista de contactos en Ovi by Nokia.
Cómpre dispoñer dunha conta Nokia para utilizar Ovi. Se non dispón dunha conta, cree
unha na páxina www.ovi.com. Tamén se lle solicitará que cree unha conta se accede a
algún servizo Ovi mediante o seu dispositivo.
Se utiliza Sincro. Ovi para sincronizar automaticamente os seus contactos con Ovi, non
permita a sincronización dos contactos con ningún outro servizo, xa que é posible que
se produzan conflitos. Sincro. Ovi para os contactos non se atopará dispoñible se activou
a sincronización de contactos en Mail for Exchange.