Nokia N8 00 - Dereitos de autor e outros avisos

background image

Dereitos de autor e outros avisos

DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE

Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-596 cumpre cos requirimentos básicos e con outras condicións

relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina http://

www.nokia.com/phones/declaration_of_conformity/.

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Nokia, Nokia Connecting People, NSeries, o logotipo dos accesorios orixinais de Nokia e Ovi son marcas comerciais ou marcas

comerciais rexistradas de Nokia Corporation. Nokia tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos

e nomes de compañías mencionados neste documento poden ser marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas dos seus

respectivos propietarios.

A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera modo

e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento continuo e

resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos produtos descritos neste documento sen previo aviso.

HDMI and the HDMI Logo are trademarks or registered trademarks of HDMI Licensing LLC.

‘Dolby’ is a trademark of Dolby Laboratories.

Manufactured under license from Dolby Laboratories.

Java and all Java-based marks are trademarks or registered trademarks of Sun Microsystems, Inc.

Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso persoal e non

comercial en conexión con información que se codificou cumprindo co estándar visual MPEG-4 por un usuario nunha actividade

persoal e non comercial e (ii) o uso en conexión con vídeo MPEG-4 proporcionado por un fornecedor de vídeo con licenza. Non

se concede ningunha licenza nin se implica para calquera outro uso. É posible obter información adicional, incluíndo a

relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais, de MPEG LA, LLC. Visite a páxina http://www.mpegla.com.

Na máxima medida permitida pola lexislación aplicable, nin Nokia nin ningún dos seus outorgantes de licenza se

responsabilizará baixo ningunha circunstancia da perda de datos ou ingresos nin de ningún dano especial, incidental,

consecuente (lucro cesante) indirecto, independentemente da súa causa.

Os contidos deste documento fornécense "tal cal". Salvo que así o esixa a lei aplicable, non se ofrecerá ningún tipo de garantía,

expresa ou implícita, incluída, pero sen limitarse a ela, a garantía implícita de comerciabilidade e adaptación a un propósito

132 Dereitos de autor e outros avisos

background image

concreto con respecto á exactitude, fiabilidade e contido deste documento en calquera momento sen previo aviso. Nokia

resérvase o dereito de revisar este documento ou de retiralo en calquera momento sen previo aviso.

A enxeñería inversa do software incluído no dispositivo está prohibida na medida permitida pola lexislación aplicable. Na

medida en que esta guía de usuario contén limitacións nas representacións, garantías, danos e responsabilidade de Nokia, é

moi probable que as limitacións mencionadas limiten as representacións, as garantías e os danos e responsabilidades dos

outorgantes de licenza de Nokia.

A dispoñibilidade de produtos, funcións, aplicacións e servizos pode variar segundo a rexión. Para obter máis información,

póñase en contacto co seu distribuidor Nokia ou o seu fornecedor de servizos. Este dispositivo pode conter elementos, tecnoloxía

ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas dos Estados Unidos e doutros países. Queda prohibida calquera

alteración contraria ás disposicións da lexislación correspondente.

Nokia non fornece garantía algunha nin se responsabiliza da funcionalidade, contidos nin asistencia técnica ao usuario de

aplicacións de terceiros fornecidas co seu dispositivo. Mediante a utilización dunha aplicación, vostede recoñecerá que a

aplicación fornécese tal cal. Nokia non fornece garantía nin representación algunha nin se responsabiliza da funcionalidade,

contidos nin asistencia técnica ao usuario de aplicacións de terceiros fornecidas co seu dispositivo.

AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un teléfono

preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono no caso de que

non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en contacto co centro de servizo

técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC. O seu funcionamento está suxeito ás dúas

condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar interferencias perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar as

interferencias recibidas, incluídas as que provoquen un funcionamento non desexado. Calquera cambio ou modificación que

non se aprobe de xeito expreso por Nokia podería anular a autorización do usuario para utilizar este equipo.

Algunhas operacións e funcións dependen da tarxeta SIM e/ou da rede, das MMS ou da compatibilidade dos dispositivos e dos

formatos de contido admitidos. Algúns servizos están suxeitos a tarifas independentes.

/Edición 2.1 GL

Dereitos de autor e outros avisos 133