
Información sobre a batería e o cargador
O dispositivo dispón dunha batería recargable interna e non extraíble. Non intente extraer a batería do dispositivo, xa que
podería danalo. Leve o dispositivo ao centro de servizo técnico autorizado máis próximo para substituír a batería.
O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes cargadores: AC-15 . O número exacto do modelo do cargador pode
variar dependendo do tipo de enchufe. O tipo de enchufe pode ser un dos seguintes: E, X, AR, U, A, C, K ou B.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no modo de
espera e durante conversas telefónicas se reduza considerablemente, envie o teléfono ao centro de servizo técnico autorizado
máis próximo para substituír a batería.