Nokia N8 00 - Seguridade da batería

background image

Seguridade da batería

Nota: A batería do seu dispositivo non se pode extraer, polo tanto, consulte as declaracións relacionadas coa batería

aplicables ao seu dispositivo.

Para desconectar un cargador ou un accesorio, suxeite e tire da caravilla, non do cable.

128 Información do produto e de seguridade

background image

Cando non utilice o cargador, desconécteo da toma de corrente e do dispositivo. Non deixe unha batería completamente cargada

conectada a un cargador, xa que o exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan, as baterías cargadas perden

a súa carga co paso do tempo.

Intente manter sempre a batería a unha temperatura comprendida entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da batería a

temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da mesma. É posible que o dispositivo non funcione temporalmente

se a batería está fría ou quente.

É posible que se produzan curtocircuítos accidentais se un obxecto metálico entra en contacto coas tiras metálicas da batería.

Os curtocircuítos poden danar a batería ou o obxecto que realiza o contacto.

Non bote as baterías ao lume, xa que poderían explotar. Respecte as normativas locais no momento de desfacerse das baterías.

Recicle as baterías cando sexa posible. Non as deposite en lugares destinados aos residuos domésticos.

Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, perfore nin triture as pilas nin as baterías. Se unha batería presenta fugas, evite

que o líquido da batería entre en contacto coa pel ou os ollos. Se isto sucede, lave inmediatamente as zonas afectadas con auga

ou acuda a un médico.

Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos estraños na batería, nin a expoña ou somerxa en auga ou outros líquidos.

As baterías poden explotar se están danadas.

Utilice a batería e o cargador unicamente para o uso para o que foron deseñados. O uso non axeitado ou o uso de cargadores

ou baterías non homologados pode implicar un risco de incendio, explosión, fuga ou outros perigos, e podería invalidar a

autorización de uso ou a garantía. Se cre que a batería ou o cargador poden estar danados, envíeos a un centro de servizo

técnico para revisalos antes de continuar utilizándoos. Nunca utilice cargadores nin baterías danadas. Utilice o cargador

unicamente en lugares interiores.