
Entorno operativo
Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a radiofrecuencia cando se emprega na posición normal de uso no oído
ou cando se coloca polo menos a unha distancia de 1,5 centímetros (5/8 polgada) do corpo. Se se utiliza unha funda de
transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte para utilizar o produto pegado ao corpo, estes non deberán conter ningunha
peza de metal e deberá colocar o dispositivo á distancia indicada anteriormente.
Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre dispoñer dunha conexión de calidade á rede. É posible que o envío de
ficheiros de datos ou mensaxes se retrase ata que se atope dispoñible a mencionada conexión. Respecte as instrucións sobre
a distancia de separación ata completar a transmisión.