Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos sistemas electrónicos incorrectamente instalados ou protexidos dos vehículos,
por exemplo, os sistemas de inxección de combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de velocidade electrónicos
e os sistemas de airbag. Para obter máis información, consulte co fabricante do vehículo ou do equipo.
O dispositivo só deberá ser instalado nun vehículo por parte de persoal cualificado. Unha instalación ou reparación defectuosa
pode resultar perigosa e pode invalidar a súa garantía. Comprobe regularmente que todos os dispositivos sen fíos do vehículo
funcionen e estean montados correctamente. Non almacene nin transporte líquidos inflamables, gases ou materiais explosivos
no mesmo compartimento que o dispositivo, os seus compoñentes ou accesorios. Recorde que os airbag despréganse con gran
forza. Non coloque o dispositivo nin accesorios na zona onde se desprega o airbag.
Apague o dispositivo antes de embarcar nun voo. O uso de dispositivos sen fíos nun avión pode resultar perigoso para o
funcionamento do avión, e pode ser ilegal.