Instalar Nokia Ovi Suite no seu PC
Coa aplicación de ordenador Nokia Ovi Suite, pode xestionar contido no seu dispositivo
e mantelo sincronizado co seu ordenador. Tamén pode actualizar o seu dispositivo co
software máis recente e descargar mapas.
Descargue no seu ordenador a última versión de Nokia Ovi Suite da páxina
www.ovi.com/suite.
Se o seu ordenador non se pode conectar á Internet, para instalar Nokia Ovi Suite desde
a memoria do seu dispositivo:
1 Utilice un cable de datos USB compatible para conectar o seu dispositivo ao
ordenador.
Se está a utilizar Windows XP ou Windows Vista no seu ordenador, cambie o modo
USB do seu dispositivo a
Almac. masiva
. Para configurar o modo USB no seu
dispositivo, seleccione a área de notificación na esquina superior dereita e, a
continuación,
>
Almac. masiva
.
A memoria masiva do dispositivo e a tarxeta de memoria aparecen como discos
extraíbles no seu ordenador.
2 No seu ordenador, seleccione Instalar Nokia Ovi Suite.
Se a ventá de instalación non se abre automaticamente, abra o ficheiro de
instalación de forma manual. Seleccione Abrir o cartafol para ver os ficheiros e
faga duplo clic en Install_Nokia_Ovi_Suite.exe.
20 Instalar Nokia Ovi Suite no seu PC
3 Siga as instrucións que aparecen na pantalla.
4 Unha vez completada a instalación, se está a utilizar Windows XP ou Windows Vista
no seu ordenador, comprobe que o modo USB do seu dispositivo estea axustado en
Nokia Ovi Suite
.
Para obter máis información verbo de Nokia Ovi Suite, consulte a páxina www.ovi.com/
suite.
Para comprobar que sistemas operativos admite Nokia Ovi Suite, consulte
www.nokia.com/support.