Cargar a batería a través de USB
Dispón de pouca batería restante pero non ten un cargador con vostede? Pode utilizar
un cable USB compatible para conectalo a un dispositivo compatible, como un
ordenador.
Para evitar danar o conectador do cargador, teña coidado ao conectar ou desconectar
o cable do cargador.
Se está conectado a un ordenador, pode sincronizar o seu dispositivo á vez que o carga.
A carga mediante USB pode tardar máis en comezar e pode que non funcione se está
conectado cun concentrador USB sen alimentación. O dispositivo cargarase máis rápido
se está conectado unha toma de parede.
Introdución 15
Durante a carga da batería, o indicador de carga situado a carón do conectador USB
ilumínase. Cando a carga da batería é baixa, a luz do indicador de carga pestanexa. É
posible que a carga tarde uns intres en comezar.