
Verbo da batería
O seu dispositivo dispón dunha batería recargable interna e non extraíble. Utilice
soamente cargadores autorizados por Nokia deseñados para utilizarse con este
dispositivo. Tamén pode utilizar un cable de datos USB compatible para cargar o
dispositivo.
Non intente retirar a batería do dispositivo. Leve o dispositivo ao centro de servizo
técnico autorizado máis próximo para substituír a batería.
Introdución 13

É posible que os puntos de venda autorizados tamén ofrezan o servizo de substitución
de baterías.
Importante: A batería só poderá ser substituída por persoal cualificado ou nun
centro de servizo técnico autorizado. A substitución non autorizada da batería pode
invalidar a garantía.
Cando o seu dispositivo ten pouca batería, actívase o modo de aforro de enerxía. É
posible que non poida modificar os axustes de determinadas aplicacións. Para
desactivar o modo de aforro de enerxía, prema a tecla de acendido e seleccione
Desactiv. aforro enerxía
.