Copiar contactos ou imaxes do seu dispositivo anterior
Desexa copiar información importante do seu dispositivo Nokia compatible anterior e
comezar a utilizar o seu novo dispositivo rapidamente? Utilice a aplicación Cambio de
datos para copiar, por exemplo, contactos, entradas de calendario e imaxes ao seu novo
dispositivo de xeito gratuíto.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Ferrament.
>
Config. teléf.
e
Transfer. datos
.
Se o seu dispositivo Nokia anterior non dispón da aplicación Cambio de datos, o seu
novo dispositivo enviaralla nunha mensaxe. Abra a mensaxe no dispositivo anterior e
siga as instrucións.
1 Seleccione o dispositivo ao que desexa conectarse e vincule os dispositivos. Cómpre
activar o Bluetooth.
18 Introdución
2 Se o outro dispositivo necesita un código, introdúzao. O código, que pode definir
vostede mesmo, debe introducirse nos dous dispositivos. O código nalgúns
dispositivos é fixo. Para obter máis información, consulte a guía de usuario do
dispositivo.
O código só é válido para a conexión actual.
3 Seleccione o contido e
Aceptar
.