
Introducir ou extraer a tarxeta de memoria
As tarxetas de memoria véndense por separado.
Non pegue adhesivos na tarxeta de memoria.
Utilice unicamente tarxetas de memoria compatibles autorizadas por Nokia para
utilizarse co dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta
e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O dispositivo ofrécelle a posibilidade de gravar vídeos en alta definición. Se está
gravando nunha tarxeta de memoria, para obter o mellor rendemento posible, utilice
unha tarxeta microSD rápida e de alta calidade dun fabricante coñecido. Recoméndase
a tarxeta microSD de clase 4 (32 Mbit/s (4 MB/s)) ou superior.
Introducir a tarxeta de memoria
1 Utilice a uña para abrir a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
12 Introdución

2 Insira a tarxeta de memoria. Asegúrese de que a zona de contactos da tarxeta de
memoria se atope orientada cara abaixo. Empuxe a tarxeta cara a dentro ata que
encaixe.
Extraer a tarxeta de memoria
1 Se o dispositivo está acendido, prema a tecla de acendido e seleccione
Extraer
[nome da tarxeta de memoria]
.
2 Utilice a uña para abrir a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
3 Empuxe a tarxeta cara a dentro ata que se libere.
4 Retire a tarxeta.