Introducir ou extraer a tarxeta SIM
Non pegue adhesivos na tarxeta SIM.
Importante: Non empregue unha tarxeta SIM mini-UICC, tamén coñecida como
tarxeta micro-SIM, unha tarxeta micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta SIM que
dispoña dun interruptor mini-UICC (consulte a ilustración) neste dispositivo. Unha
tarxeta micro-SIM é máis pequena que a tarxeta SIM estándar. Este dispositivo non
admite o uso de tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM incompatibles pode danar
a tarxeta ou o dispositivo e pode corromper os datos almacenados na tarxeta.
1 Tapa da rañura da tarxeta de memoria
2 Tapa da rañura da tarxeta SIM
Inserción da tarxeta SIM
1 Apagar o dispositivo.
2 Utilice a uña para abrir a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
10 Introdución
3 Abra a tapa da rañura da tarxeta SIM.
4 Introduza a tarxeta SIM. Empuxe a tarxeta cara ao interior ata que se escoite un clic.
Asegúrese de que a superficie de contacto da tarxeta se atope orientada cara abaixo.
Extraer a tarxeta SIM
1 Apagar o dispositivo.
2 Utilice a uña para abrir a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
Introdución 11
3 Abra a tapa da rañura da tarxeta SIM e empuxe a tarxeta cara ao interior ata que se
escoite un clic.
4 Retire a tarxeta.