
Utilizar o dispositivo por primeira vez
O dispositivo guiarao a través do proceso de configuración inicial cando insira a tarxeta
SIM e acenda o dispositivo por primeira vez. Para utilizar todos os servizos de Ovi de
Nokia, cree unha conta de Nokia. Tamén pode copiar os seus contactos e outros contidos
do seu dispositivo anterior.
Para crear unha conta de Nokia, precisa dispoñer dunha conexión á Internet. Para obter
información verbo das tarifas de transmisión de datos, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos. Se non se pode conectar á Internet, pode crear unha conta máis
tarde.
Consello: Para crear e xestionar a súa conta Nokia na Internet, diríxase á páxina
www.ovi.com.
Se xa ten unha conta Nokia, inicie sesión nela.
Introdución 17

Consello: Esqueceu o seu contrasinal? Pode solicitar que llo envíen nunha mensaxe de
correo ou de texto.
Utilice a aplicación Cambio de datos para copiar os seus contidos, por exemplo:
•
Contactos
•
Mensaxes
•
Imaxes e vídeos
•
Axustes persoais
Cando configure a súa conta de correo, poderá axustar a caixa de entrada para
visualizarse na súa pantalla Inicio e poder consultar facilmente o correo.
Se precisa realizar unha chamada de emerxencia durante a fase de configuración, prema
a tecla Menú.