Preparar o seu dispositivo para a reciclaxe
Se merca un dispositivo novo ou, de non ser así, se desexa desfacerse do seu dispositivo,
Nokia recoméndalle que recicle o dispositivo. Previamente, elimine toda a información
e contido persoal do seu dispositivo.
Eliminar todo o contido e restablecer os valores predeterminados dos axustes
1 Realice unha copia de seguridade do contido que desexe conservar nunha tarxeta
de memoria compatible (se está dispoñible) ou nun ordenador compatible.
2 Peche todas as conexións e chamadas activas.
3 Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Xestión do teléfono
>
Axustes de
fábrica
>
Borrar datos e restaurar
.
4 O seu dispositivo apágase e, a continuación, acéndese de novo. Comprobe con
coidado que todos os seus contidos persoais, como contactos, imaxes, música,
vídeos, notas, mensaxes, correos, presentacións, xogos e outras aplicacións
instaladas estean eliminados.
O contido e a información gardados na tarxeta de memoria ou na tarxeta SIM non
se eliminan.