Que fago cando a memoria está chea?
Se se amosa calquera das seguintes mensaxes cando estea a eliminar varios elementos
ao mesmo tempo, elimine os elementos un a un, comezando polos máis pequenos:
•
Non hai memoria abondo para efectuar a operación. Borre datos.
•
Memoria baixa. Borre algúns datos da memoria do teléfono.
Mova os contidos que desexe conservar á memoria masiva, a unha tarxeta de memoria
compatible (se está dispoñible) ou a un ordenador compatible. Se é posible, instale
aplicacións na memoria masiva ou na tarxeta de memoria, no canto de na memoria do
dispositivo.