Acerca do transmisor de FM
Seleccione
Menú
>
Música
>
Transm. FM
.
Co transmisor FM pode reproducir cancións almacenadas no seu dispositivo a través de
calquera receptor de radio FM compatible como unha radio dun coche ou unha cadea
de música estéreo.
A distancia de funcionamento do transmisor de FM é de aproximadamente 2 metros. Os
obstáculos, como paredes, outros dispositivos electrónicos ou emisoras de radio
públicas poden provocar interferencias na transmisión. A banda de frecuencia que
utiliza o transmisor FM varía en función da rexión.
É posible que o transmisor de FM provoque interferencias en radios FM próximas que se
atopen na mesma frecuencia. Para evitar que se produzan interferencias, busque
sempre unha frecuencia de FM libre na radio receptora antes de activar o transmisor de
FM.
O transmisor de FM non se pode utilizar ó mesmo tempo que a radio FM do dispositivo.
Nota: É posible que a utilización do transmisor de FM estea restrinxida nalgúns
países. Para obter máis información, póñase en contacto coas súas autoridades locais
e viste a páxina web www.nokia.com/fmtransmitter.