Nokia N8 00 - Copiar música dende o seu ordenador

background image

Copiar música dende o seu ordenador

Dispón de música no seu ordenador que desexe escoitar no seu dispositivo? Nokia Ovi

Suite é o modo máis rápido de transferir música do seu dispositivo, e pode utilizalo para

xestionar e sincronizar a súa colección de música.

1 Utilice un cable de datos de USB compatible para conectar o dispositivo a un

ordenador compatible.

2 No seu dispositivo, seleccione a área de notificación na esquina superior dereita e,

a continuación,

>

Transf. multim.

.

3 Abra Nokia Ovi Suite no ordenador e siga as instrucións que aparecen na pantalla.

Para obter máis información, consulte a guía do usuario de Nokia Ovi Suite.

Descargue a última versión de Nokia Ovi Suite da páxina www.ovi.com.
É posible que algúns ficheiros de música estean protexidos pola xestión de dereitos

dixitais (DRM); neste caso, non se poderán reproducir en máis dun dispositivo.