![background image](https://i.helpdoc.net/Nokia N8 00/gl/Nokia N8 00_gl087.png)
Acerca dos métodos de posicionamento
Mapas amosa a súa situación no mapa a través de conexións GPS, A-GPS, WLAN ou
posicionamento baseado na rede (ID da cela).
O sistema de posicionamento global (GPS) é un sistema de navegación baseado en
satélite que se emprega para calcular a súa situación. O GPS asistido (A-GPS) é un servizo
de rede que lle envía datos GPS, o que axuda a mellorar a velocidade e a precisión do
posicionamento.
O posicionamento mediante unha WLAN mellora a precisión do posicionamento cando
non se dispón de sinal GPS, especialmente en interiores ou cando se atope entre edificios
altos.
Co posicionamento baseado na rede (ID da cela), a posición determínase a través da
antena á que estea conectado o seu dispositivo móbil nese momento.
Para evitar custos derivados do servizo de rede, pode desactivar o A-GPS, a WLAN e o
posicionamento baseado na rede (ID da cela) nos axustes de posicionamento do seu
dispositivo, pero levará moito máis tempo calcular a súa situación. Para obter máis
información sobre os axustes de posicionamento, consulte a guía do usuario do seu
dispositivo.
A dispoñibilidade e a calidade dos sinais de GPS pode verse afectada pola súa
localización, polas posicións do satélite, polos edificios, polos obstáculos naturais, polas
condicións meteorolóxicas e os axustes nos satélites GPS efectuados polo goberno dos
Estados Unidos. É posible que os sinais de GPS non estean dispoñibles no interior de
edificios ou en pasos subterráneos.
Non utilice o GPS para a medición dunha localización precisa e non debe depender só
dos datos de localización fornecidos polo GPS nin polas redes móbiles.
Mapas 87
![background image](https://i.helpdoc.net/Nokia N8 00/gl/Nokia N8 00_gl088.png)
É posible que o hodómetro non sexa preciso en función da dispoñibilidade e da calidade
da súa conexión GPS.
Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea restrinxida nalgúns países.
Por exemplo, en Francia, unicamente está autorizado a utilizar as redes WLAN en lugares
interiores. Se desexa obter máis información, póñase en contacto coas autoridades
locais.
Segundo os métodos de posicionamento dispoñibles, a exactitude da posición pode
variar dende uns metros ata varios quilómetros.