Descargar e actualizar mapas
Garde os rueiros novos no seu dispositivo antes de saír de viaxe para poder utilizar os
mapas sen necesidade de conectarse á Internet cando viaxe.
Para descargar e actualizar os mapas no seu dispositivo, necesita unha conexión WLAN
activa.
Descargar mapas
1 Seleccione
Actualizar
>
Engadir mapas novos
.
2 Seleccione un continente e un país, e seleccione
Descargar
.
Para completar a descarga máis tarde, seleccione
Pausa
ou
Saír descar.
.
Consello: Tamén pode utilizar a aplicación Nokia Ovi Suite PC para descargar os ficheiros
actualizados de rueiros e guía de voz e copialos ao seu ordenador. Para descargar e
instalar Nokia Ovi Suite, visite a páxina www.ovi.com.
Cando instale unha versión máis nova da aplicación Mapas no seu dispositivo,
borraranse os mapas do país ou da rexión. Antes de usar Nokia Ovi Suite para descargar
os novos mapas de país ou rexión, abra e peche a aplicación Mapas e asegúrese de que
instalou a versión máis recente de Nokia Ovi Suite no seu ordenador.
Actualización de mapas
Seleccione
Actualizar
>
Buscar actualizacións
.