Nokia N8 00 - Ver a súa localización e o mapa

background image

Ver a súa localización e o mapa

Vexa a súa localización actual no mapa e explore mapas de diferentes cidades e países.
Seleccione

Menú

>

Mapas

e

Mapa

.

Mapas 83

background image

indica a súa posición actual, se está dispoñible. Cando estea a buscar a súa posición,

pestanexará. No caso de que a súa posición non estea dispoñible, indicará a súa

última posición coñecida.
No caso de que o posicionamento exacto non estea dispoñible, unha auréola vermella

en torno á icona de posicionamento indica a área xeral na que é posible que se atope.

En áreas densamente poboadas aumenta a precisión desta estimación e a auréola

vermella amósase máis pequena que nas zonas pouco poboadas.
Navegar polo mapa

Arrastre o mapa co seu dedo. O mapa está orientado cara ao norte por defecto.
Ver a súa localización actual ou a última coñecida

Seleccione .

Se busca ou examina unha situación, e ve os detalles usando un servizo como O tempo,

mostrarase a información da situación que están vendo actualmente. Para volver a ver

a súa posición actual ou para ver información para a situación actual, seleccione .
Ampliar ou reducir unha imaxe

Seleccione + ou -.

Consello: Para utilizar o zoom, tamén pode colocar dous dedos no mapa e afastalos

entre si para ampliar o zoom ou achegalos para reducilo. Non todos os dispositivos

admiten esta función.
Se se despraza a unha área que non estea cuberta polos rueiros que teña gardados no

seu dispositivo e dispón dunha conexión de datos activa, os rueiros novos

descargaranse automaticamente.
Evitar descargar novos rueiros automaticamente

No menú principal, seleccione >

Internet

>

Conexión

>

Fóra de liña

.

Tamén se descargan rueiros novos se actualiza a versión máis recente da aplicación

Mapas, seleccione

Utilizar Mapas de Ovi en liña

, e teña unha conexión de datos activa.

A cobertura dos mapas varía segundo o país e a rexión.

84 Mapas