Asinar
Coa función Asinar, pode gardar un rexistro privado de onde estivo. Manteña ao día os
seus amigos de redes sociais e contactos con información sobre o que está a facer e
comparta a súa localización nos seus servizos favoritos de redes sociais.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
Acenar
.
Para asinar, precisa dispoñer dunha conta de Nokia. Para compartir a súa situación,
tamén precisa unha conta nun servizo de rede social. Os servizos de redes sociais
admitidos varían segundo o país ou a rexión.
1 Inicie sesión coa súa conta de Nokia ou, se aínda non dispón dunha, créea.
Mapas 91
2 Pode compartir a súa localización nos servizos de redes sociais que use. Cando utilice
Asinar por primeira vez, pode axustar a credenciais da súa conta para os servizos
que use. Para configurar máis tarde as contas, seleccione .
3 Seleccione a súa posición actual.
4 Escriba a súa actualización de estado.
Só pode realizar publicacións nos servizos seleccionados que configurou. Para
excluír un servizo, seleccione o logotipo deste. Para excluír todos os servizos,
mantendo como privada a súa situación e a súa actualización de estado, desmarque
a caixa de verificación
e publicar en
.
5 Seleccione
Acenar
.
Tamén pode anexar unha imaxe á súa publicación, en función do servizo de rede social.
Ver o seu historial de Asinar
Seleccione .
Para asinar e compartir a súa situación, precisa dispoñer dunha conexión á Internet.
Isto pode implicar a aplicación de tarifas adicionais e custos do tráfico de datos asociado.
Os termos de uso do servizo de rede social aplícanse ao uso compartido da súa
localización en dito servizo. Familiarícese cos termos de uso e coas prácticas de
privacidade de dito servizo.
Antes de compartir a súa posición con terceiros, considere detidamente quen serán os
destinatarios. Consulte os axustes de privacidade do servizo de rede social que estea a
utilizar, dado que podería estar a compartir a súa posición cun gran grupo de xente.