Conducir ata o seu destino
Cando precise navegación detallada mentres conduce, Mapas axúdalle a chegar ao seu
destino.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
Conducir
.
Conducir ata un destino
Seleccione
Fixar destino
e a opción axeitada.
Conducir á súa casa
Seleccione
Conducir á casa
.
Pode comezar a conducir sen un destino definido. O mapa segue a súa situación e
amosarase a información de tráfico automaticamente, se está dispoñible. Para definir
un destino máis tarde, seleccione
Destino
.
De forma predeterminada, o mapa xira segundo a dirección de condución.
Orientar o mapa cara ao norte
Seleccione . Para xirar o mapa de novo cara a dirección de condución, seleccione
.
Cando seleccione
Conducir á casa
ou
Camiñar á casa
por primeira vez, pediráselle que
defina a situación da súa casa.
Cambiar a situación da súa casa
1 Na vista principal, seleccione .
2 Seleccione
Navegación
>
Localización do seu domicilio
>
Redefinir
.
3 Seleccione a opción axeitada.
Mapas 93
Cambiar vistas durante a navegación
Esvare co dedo horizontalmente á esquerda para seleccionar
Vista 2D
,
Vista 3D
,
Vista
de frechas
ou
Resumo da ruta
.
Respecte a lexislación local. Manteña sempre as mans libres para controlar o vehículo
durante a condución. A súa principal prioridade durante a condución deberá ser a
seguridade viaria.