
Navegar ata un destino
Seleccione
Menú
>
Mapas
.
Mapas amosa o que se atopa próximo, axúdalle a trazar as súas rutas e guíao ata onde
desexa dirixirse de xeito gratuíto. Pode:
•
Atopar cidades, rúas e servizos
•
Orientarse mediante indicacións detalladas
•
Sincronizar as súas situacións e rutas favoritas entre o seu dispositivo móbil e o
servizo da Internet de Mapas Ovi
•
Consultar as predicións meteorolóxicas e outras informacións locais, se se atopan
dispoñibles
Consello: Tamén pode trazar unha ruta no seu ordenador mediante o servizo web de
Mapas Ovi e copiar a ruta no seu dispositivo. Para obter máis información, consulte a
páxina www.ovi.com.
É posible que algúns servizos non estean dispoñibles en todos os países e que só
aparezan nos idiomas seleccionados. É posible que os servizos dependan da rede. Para
obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede.
O uso do servizo ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta ata certo punto. Nunca
confíe só na cartografía descargada para utilizarse neste dispositivo.
Algúns contidos están xerados por terceiras partes e non por Nokia. O contido pode ser
inexacto e está suxeito á dispoñibilidade.