Enviar unha mensaxe
Coas mensaxes de texto e multimedia, pode contactar rapidamente cos seus amigos e
familia. Nunha mensaxe multimedia, pode anexar imaxes, vídeos e clips de son que
desexe compartir.
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
1 Seleccione
Nova mensaxe
.
2 Para seleccionar destinatarios da lista de contactos, seleccione o título
Para
. Para
introducir o número de teléfono do destinatario manualmente, introdúzao no
campo Para.
Mensaxería 53
3 Para engadir un anexo, seleccione .
4 Seleccione
.
O envío dunha mensaxe cun anexo pode ser máis caro que o envío dunha mensaxe de
texto normal. Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
Pode enviar mensaxes de texto dunha lonxitude superior ao límite de caracteres
correspondente a unha soa mensaxe. As mensaxes que superan ese límite envíanse
coma dúas ou máis mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa
correspondente ao número de mensaxes enviadas.
Os caracteres con acentos e outros signos de puntuación, ou algúns idiomas ocupan
máis espazo e limitan o número de caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.
Se o elemento inserido nunha mensaxe multimedia é demasiado grande para a rede, é
posible que o dispositivo reduza o tamaño automaticamente.
Só os dispositivos compatibles poden recibir e visualizar mensaxes multimedia. É
posible que as mensaxes teñan un aspecto diferente en dispositivos diferentes.