
Ver unha conversa
É posible ver as mensaxes que enviou a e recibiu dun contacto concreto dende unha
vista única e continuar a conversa dende esa vista.
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
Seleccione
Conversas
e un contacto. Amosaranse todas as mensaxes enviadas a e
recibidas dese contacto.
Responder a unha mensaxe nunha conversa
1 Abra a conversa.
2 Seleccione o campo de entrada de texto da parte inferior da pantalla e escriba unha
mensaxe.
3 Para engadir anexos ou máis destinatarios, seleccione
Opcións
>
Engadir
.
4 Para enviar a mensaxe, seleccione
.
Cando envíe unha mensaxe nova, engadirase á conversa actual. Se non se atopa en
ningunha conversa, iniciarase unha nova.
Ao abrir unha mensaxe recibida dende a pantalla de inicio, de forma predeterminada,
a mensaxe ábrese na vista Conversas. Se desexa que as mensaxes se abran na vista Caixa
de entrada, seleccione
Opcións
>
Vista de mensaxes
>
Caixa de entrada
.
Mensaxería 55