
Descargar un xogo, unha aplicación ou outro elemento
Descargue xogos, aplicacións ou vídeos gratuítos ou compre máis contidos para o seu
dispositivo. No Bazar Ovi, pode atopar contidos deseñados especificamente para o seu
dispositivo.
Seleccione
Menú
>
Bazar
e inicie sesión na súa conta de Nokia.
1 Seleccione o elemento.
2 Se o elemento dispón de prezo, seleccione
Buy
. Se o elemento é gratuíto, seleccione
Download
.
Personalización 37

3 Pode pagar cunha tarxeta de crédito ou de débito ou, se a opción se atopa
dispoñible, a través da factura telefónica.
Para gardar a información da súa tarxeta na súa conta de Nokia, seleccione
Save
this card to my Nokia account
.
Se a información da súa tarxeta xa se atopa gardada, para utilizar un método de
pago diferente, seleccione
Change billing details
.
4 Para obter un resgardo de compra, seleccione ou introduza un enderezo de correo.
5 Seleccione
Confirm
.
6 Cando se complete a descarga, pode abrir ou ver o elemento ou continuar
navegando para obter máis contidos. O tipo de contido determina a localización do
elemento no seu dispositivo móbil. Para cambiar a situación predeterminada,
seleccione
Account
>
Installation preferences
e a memoria desexada.
Consello: Utilice unha conexión de rede WLAN para descargar ficheiros máis grandes,
como xogos, aplicacións ou vídeos.
Consello: Para evitar introducir a información da súa tarxeta de pago repetidamente
cando compra artigos de Bazar Ovi, garde a súa información na súa conta de Nokia.
Pode engadir máis dunha tarxeta de pago e seleccionar cal desexa utilizar para comprar.
Para obter máis información sobre un artigo, póñase en contacto co editor deste.