Organizar as súas aplicacións
Desexa poder abrir as aplicacións máis utilizadas máis rapidamente? No menú principal,
pode organizar as súas aplicacións e ocultar as aplicacións menos utilizadas en carpetas.
Prema a tecla Menú e seleccione
Opcións
>
Editar
.
Crear unha nova carpeta
Seleccione
Opcións
>
Nova carpeta
.
Mover unha aplicación a unha carpeta
Manteña seleccionada a aplicación e, no menú emerxente, seleccione
Mover á carpeta
e a carpeta nova.
Consello: Tamén é posible arrastrar e soltar aplicacións e carpetas.