Engadir un widget á pantalla de inicio
Interésalle saber o tempo ou as noticias de hoxe? É posible engadir miniaplicacións
(widgets) á pantalla Inicio e ver, con só botar unha ollada, a información máis
interesante.
1 Manteña tocada a pantalla de inicio.
2 Seleccione e o widget desexado da lista.
3 Seleccione
Feito
.
Un widget pode mellorar a aplicación relacionada e tamén cambiar o modo en que
funciona a aplicación. Por exemplo, se engade un widget de notificación, recibiranse
notificacións das mensaxes recibidas no widget.
Consello: Para descargar máis widgets, seleccione
OVI
.
O uso do servizo ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
É posible que algúns widgets da pantalla Inicio se conecten á Internet automaticamente.
Para evitar isto, seleccione
Opcións
>
Widgets modo fóra liña
.
Eliminar un widget da pantalla de inicio
1 Manteña tocada a pantalla de inicio.
2 Seleccione o widget e, no menú emerxente, seleccione
Eliminar
.
3 Seleccione
Feito
.
36 Personalización