
Personalizar a pantalla de inicio
Desexa ver os seus marcadores ou as imaxes favoritas da súa familia no fondo da
pantalla de inicio? É posible cambiar este fondo e reorganizar elementos na pantalla de
inicio para personalizala ao seu gusto.
Consello: Se ten máis dunha pantalla de inicio, pode cambiar entre elas tamén durante
a edición e personalizar todas as súas pantallas de inicio ao mesmo tempo.
Cambiar o fondo
1 Manteña tocada a pantalla de inicio.
2 Seleccione
Opcións
>
Cambiar fondo
>
Imaxe
.
3 Seleccione a imaxe desexada.
4 Seleccione
Feito
.
Personalización 35

Consello: Descargue máis imaxes de fondo en Ovi Bazar de Nokia. Para obter máis
información verbo de Ovi Bazar, consulte a páxina www.ovi.com.
Reorganizar os elementos da pantalla de inicio
1 Manteña tocada a pantalla de inicio.
2 Arrastre e solte elementos nunha nova localización.
3 Seleccione
Feito
.