Reciclado
Cando o dispositivo alcance o final da súa vida útil, é posible recuperar todos os
materiais cos que está fabricado en forma doutros materiais ou de enerxía. Para garantir
a correcta eliminación e reutilización, Nokia coopera cos seus socios a través dun
programa denominado We:recycle. Para obter máis información verbo de como reciclar
os seus produtos Nokia usados e onde atopar puntos de recollida, consulte a páxina
www.nokia.com/werecycle, ou utilizando un dispositivo móbil, a páxina nokia.mobi/
werecycle, ou chame ao centro de contacto de Nokia.
126 Protexer o medio ambiente
Para reciclar os paquetes e guías de usuario, siga o procedemento habitual na súa zona.
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto, na batería, nas instrucións
ou na embalaxe lémbralle que todos os produtos eléctricos e electrónicos, as baterías
e os acumuladores débense refugar por separado ao final da súa vida útil. Este requisito
aplícase na Unión Europea. Non se desfaga deste produto do mesmo xeito que dos
residuos domésticos normais. Para obter máis información verbo dos atributos medio
ambientais do seu dispositivo, consulte www.nokia.com/ecodeclaration.