Acerca de Social
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Social
e inicie sesión nos servizos de rede social
que utilice.
Para mellorar a súa experiencia con redes sociais, socialícese en Ovi. Cando inicie sesión
en servizos de redes sociais, como Facebook ou Twitter, mediante a aplicación Social,
pode facer o seguinte:
•
Ver as actualizacións de estado dos seus amigos desde múltiples servizos nunha
única vista
•
Publicar a súa actualización de estado en múltiples servizos ao mesmo tempo
•
Compartir de xeito instantáneo imaxes que toma coa cámara
•
Compartir vídeos gravados co seu dispositivo
•
Ligar os perfís dos seus amigos en liña coa súa información de contacto no seu
dispositivo
•
Engadir información sobre a súa localización á súa actualización de estado
•
Engadir eventos do calendario do servizo ao calendario do seu dispositivo
Só están dispoñibles as funcións compatibles co servizo de rede social.
Para utilizar servizos de redes sociais, cómpre dispoñer de soporte de rede. Isto pode
implicar a transmisión de grandes cantidades de datos e a aplicación de tarifas de tráfico
de datos relacionadas. Para obter información verbo das tarifas de transmisión de datos,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
Os servizos de redes sociais son servizos de terceiros e non están fornecidos por Nokia.
Comprobe os axustes de privacidade do servizo de rede social que está a utilizar, xa que
é posible que comparta información cun grupo grande de persoas. Os termos de uso do
servizo de rede social aplícanse ao compartir información nese servizo. Revise os termos
de uso e a política de privacidade dese servizo.
62 Redes sociais