Permitir chamadas soamente a determinados números
Co servizo de marcación fixa pode restrinxir chamadas e permitir soamente chamadas
a determinados números de teléfono. Por exemplo, pode axustar que os seus fillos só
chamen a membros da súa familia ou a outros números clave.
Seleccione
Menú
>
Contactos
e
Opcións
>
Números da SIM
>
Contactos marc.
fixa
.
Non todas as tarxetas SIM admiten o servizo de marcación fixa. Cómpre dispoñer do
código PIN2 do seu fornecedor de servizos.
Activar a marcación fixa
Seleccione
Opcións
>
Activar marcación fixa
. Introduza o código PIN2.
Seleccionar as persoas ás que se permiten as chamadas
1 Seleccione
Opcións
>
Novo contacto da SIM
.
2 Introduza o nome do contacto e o número de teléfono ao que desexa que se admitan
as chamadas e seleccione
Feito
. Para engadir un contacto da lista de contactos á
lista de marcación fixa, seleccione
Engadir dos Contactos
e un contacto.
Para enviar unha mensaxe de texto a un contacto da SIM mentres o servizo de marcación
fixa está activado, cómpre engadir o número do centro de mensaxes de texto á lista de
marcación fixa.