Realización de videochamadas
Ten amigos ou familiares que non ve en persoa a miúdo? Para conversar cara a cara,
por que non optar pola videochamada?
As videochamadas son un servizo de rede e para facelas cómpre atoparse nunha rede
3G.
Para obter máis información sobre a dispoñibilidade e os custos, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos.
As videochamadas soamente se poden facer entre dúas partes. As videochamadas non
se poden facer mentres está activa outra chamada de voz, vídeo ou datos.
1 Seleccione
Menú
>
Contactos
e busque un contacto.
2 Seleccione o contacto e, na tarxeta, seleccione
Videochamada
.
A cámara situada na parte dianteira do seu dispositivo utilízase de xeito
predeterminado nas videochamadas. Iniciar unha videochamada pode tardar uns
intres. Se a chamada non se pode realizar (por exemplo, se a rede non admite as
videochamadas ou o dispositivo de recepción non é compatible), preguntaráselle
se desexa realizar unha chamada normal ou enviar unha mensaxe.
A videochamada estará activa cando se vexan dous vídeos e se escoite o son a través
do altofalante. É posible que o destinatario da chamada rexeite o envío de vídeos,
polo que só escoitará a voz da persoa que chama xunto cunha imaxe ou un fondo
gris.
3 Para finalizar a videochamada, seleccione
.
40 Teléfono
Enviar unha imaxe no canto dun vídeo en directo
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Chamando
>
Chamada
>
Imaxe en videochamada
.
Aínda que non envíe vídeo en directo, a chamada seguirase cobrando como unha
videochamada.