
Verbo das chamadas da Internet
Co servizo de rede de chamadas da Internet, pode facer e recibir chamadas a través da
Internet. Os servizos de chamadas da Internet admiten as chamadas entre ordenadores,
entre teléfonos móbiles e entre un dispositivo VoIP e un teléfono tradicional.
Algúns fornecedores de servizos de chamadas da Internet permiten efectuar chamadas
da Internet gratis. Para consultar a dispoñibilidade e os custos da conectividade, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos de chamadas da Internet.
Para realizar ou recibir unha chamada da Internet, cómpre atoparse na zona de servizo
dunha WLAN ou dispoñer dunha conexión de paquetes de datos (GPRS) nunha rede 3G
e iniciar sesión nun servizo de chamadas da Internet.