Configurar o uso compartido de vídeo
Para configurar a función de uso compartido de vídeo, cómpre establecer os axustes da
conexión de persoa con persoa e de 3G.
As conexións de persoa con persoa coñécense tamén co nome de conexión de Protocolo
de Inicio da Sesión (SIP). Cómpre configurar os axustes do perfil SIP no dispositivo para
poder utilizar a función de compartir vídeo. Solicite ao seu fornecedor de servizos os
axustes do perfil SIP e gárdeos no seu dispositivo. É posible que o seu fornecedor de
servizos lle envíe os axustes nunha mensaxe de configuración ou lle forneza unha lista
dos parámetros necesarios.
Configurar unha conexión de persoa con persoa
1 Seleccione
Menú
>
Axustes
,
Conectividade
>
Axustes adminitrac.
>
Axustes de
SIP
e un perfil SIP.
2 Introduza os axustes de perfil SIP necesarios.
Modificar os axustes de uso compartido de vídeo
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Compartir vídeo
.
Utilizar unha conexión 3G
Para obter máis información verbo das redes, póñase en contacto co fornecedor de
servizos.
Engadir un enderezo SIP a un contacto
1 Seleccione
Menú
>
Contactos
.
2 Seleccione un contacto ou cree un contacto novo.
3 Seleccione
Opcións
>
Editar
.
4 Seleccione
Opcións
>
Engadir detalle
>
Compartir vídeo
.
48 Teléfono
5 Insira o enderezo SIP co formato nomedeusuario@nomededominio (pode utilizar
un enderezo IP en lugar dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do contacto, pode utilizar o número de teléfono do
destinatario, incluído o prefixo de país, para compartir vídeo (se o fornecedor de
servizos de rede o admite).