Utilizar a súa voz para chamar a un contacto
Mediante a aplicación de comandos de voz pode utilizar a súa voz para realizar
chamadas ou controlar o seu dispositivo.
Os comandos de voz non dependen da voz do que fala. O seu dispositivo crea comandos
automaticamente.
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar difícil en contornos con
ruído ou durante unha emerxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente na
marcaxe por voz en todas as circunstancias.
Cando se usa o marcado por voz, utilízase o altofalante. Manteña o dispositivo a pouca
distancia cando diga o comando de voz.
1 Na pantalla de inicio, manteña seleccionado
Chamar
. Se se conectan uns auriculares
compatibles con tecla de auriculares, manteña premida esta tecla.
2 Reproducirase un son curto e amosarase
Fale agora
. Pronuncie claramente o nome
que desexa gardar para ese contacto.
42 Teléfono
3 O dispositivo reproduce un comando de voz sintetizado para o contacto recoñecido
no idioma do dispositivo seleccionado e amosa o nome e o número. Para cancelar
a marcación por voz, seleccione
Abandonar
.
Escoitar un comando de voz para un contacto
1 Seleccione un contacto e
Opcións
>
Detalles marcación voz
.
2 Seleccione un detalle do contacto.
Se nun mesmo nome se gardan varios números, tamén pode pronunciarse ademais do
nome, o tipo de número, por exemplo, móbil ou fixo.