
Accións na pantalla táctil
Para interactuar coa interface de usuario, toque ou manteña tocada a pantalla táctil.
Abrir unha aplicación ou outro elemento da pantalla
Toque a aplicación ou o elemento.
Acceder ás funcións rapidamente
Manteña tocado o elemento. Abrirase un menú emerxente coas opcións dispoñibles.
Por exemplo, para enviar unha imaxe ou eliminar unha alarma, manteña tocada a imaxe
ou a alarma e, desde o menú emerxente, seleccione a opción apropiada.
Uso básico 21

Ao manter tocada a pantalla de inicio actívase o modo de edición.
22 Uso básico

Arrastrar un elemento
Manteña tocado o elemento e mova o seu dedo pola pantalla. O elemento seguirá o seu
dedo.
Pode arrastrar elementos na pantalla de inicio ou no menú principal, cando está
activado o modo de edición.
Esvarar co dedo horizontalmente
Coloque un dedo na pantalla e escorrégueo de xeito uniforme na dirección desexada.
Por exemplo, cando estea a ver unha imaxe, para ver a seguinte imaxe, esvare co dedo
horizontalmente á esquerda.
Desprazarse nunha lista ou menú
Coloque o dedo na pantalla, deslíceo rapidamente cara arriba ou abaixo por esta e, a
continuación, levante o dedo. O contido da pantalla desprázase coa velocidade e
dirección aplicadas no momento de soltar o dedo. Para seleccionar un elemento dunha
lista de desprazamento e para deter o movemento, toque o elemento.
Uso básico 23

Ampliar
Coloque dous dedos nun elemento, como unha imaxe ou unha páxina web e separe os
seus dedos.
Reducir
Coloque dous dedos no elemento e escorrégueos xuntándoos.
Consello: Tamén pode tocar o elemento dúas veces para ampliar ou reducir a imaxe.